publicidade hoxe

Portos de Galicia mantén adiada a emisión de taxas ata dous meses despois da finalización do estado de alarma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, ten en vigor desde o inicio da crise sanitaria provocado pola COVID-19 un paquete de medidas de flexibilización do pago das taxas portuarias coa finalidade de aliviar a situación económica dos seus usuarios e favorecer que dispoñan de liquidez. Neste marco de apoios, o ente público que preside Susana Lenguas adiará novas taxas aos administrados ata dous meses despois da finalización do estado de alarma.

Con esta medida, Portos de Galicia pretende contribuír a rebaixar posibles tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e contribuír a que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria. A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria coma nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.

Ante as numerosas consultas neste sentido que se están a recibir no ente público, Portos lembra que a día de hoxe non pode coñecerse aínda o alcance e consecuencias do estado de alarma, tanto para os usuarios como para o propio organismo autónomo, polo que as medidas adoptadas responden ás posibilidades de actuación inmediata dentro do marco regulador autonómico e estatal que lle é de aplicación.

2 de maio de 2020 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.