publicidade hoxe

Xunta e Fegamp reuniranse para afondar na coordinación ante o contaxio de coronavirus e resolver dúbidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, manterán mañá un encontro de traballo co presidente da Fegamp, Alberto Varela, e representantes desta institución para afondar na coordinación ante o contaxio de coronavirus e resolver dúbidas.

O obxectivo fundamental da reunión é trasladar aos concellos toda a información necesaria sobre a situación na comunidade autónoma, así como sobre as medidas que se están impulsando desde o Goberno galego no marco da Comisión interdepartamental constituída a tal efecto.

Ante unha situación como a actual, é fundamental a colaboración institucional. Do mesmo xeito que a Xunta mantén unha coordinación permanente co Goberno do Estado, é preciso mantela tamén cos concellos.

Ademais, o contacto constante mantense tamén co resto de institucións e organismos, como partidos políticos, universidades, ou axentes sociais e económicos co obxectivo de ofrecer toda a información precisa.

11 de marzo de 2020 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.