publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Plan de sendas de Bergantiños rolda o 75 % da súa execución total, con 5 itinerarios en servizo e 2 en avanzada tramitación

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde salientou que o Plan de sendas de Bergantiños xa rolda o 75 % da súa execución total, con 5 itinerarios en servizo e 2 en avanzado estado de tramitación.

Francisco Menéndez subliñou que o citado plan nesta bisbarra, cun investimento autonómico duns 5 millóns de euros, rexistra un alto grao no avance da construción das sendas programadas, pois 8 quilómetros dos 10,9 previstos xa están a disposición dos veciños.

Detallou que dos 7 itinerarios proxectados, 5 xa se atopan en servizo: Laracha- Paiosaco, Xornes- Buño- Canta la Rana, Neaño- Cabana, Laracha- O Cancelo ou Carballo- polígono de Bértoa. Os dous restantes, que son os que conectarán Carballo e Coristanco e Laxe e o Paseo Marítimo, xa están en información pública e en supervisión, respectivamente.

Explicou que o Goberno galego sempre contou coa opinión dos concellos e dos veciños para desenvolver estas actuacións, minimizando as molestias no posible.

Precisou que estas sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe melloran a funcionalidade e a integración da estrada nunhas contornas urbanizadas e agora máis humanizadas, como se pode comprobar nas actuacións xa rematadas.

O Plan de Sendas de Galicia ten como obxectivo facilitar os desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito máis sustentable e seguro, percorrendo a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

4 de xullo de 2019 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.