publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’ chega a Santiago para conmemorar ao protagonista das Letras Galegas 2019

Inauguración da mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo'

Inauguración da mostra ‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe, no IES compostelán Antonio Fraguas, no acto de inauguración da mostra ‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’, impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia.

A mostra intégrana 12 paneis e compleméntase cun libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa, Manuel Regueiro Tenreiro, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, canda os doutras amizades, e constitúe un achegamento á pegada que o mestre Fraguas deixou na cidade das murallas e que se pode consultar na web fraguasenlugo.org. A mostra chega ao centro compostelán logo do seu paso polos IES Lucus Augusti (Lugo) e Rosalía de Castro (Santiago).

13 de xuño de 2019 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.