publicidade hoxe

Almuiña celebra o fin da folga de ambulancias e lembra que a nova adxudicación realizarase en base á mellor relación calidade-precio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou hoxe no Parlamento a súa satisfacción polo preacordo alcanzado entre patronal e traballadores do servizo do transporte sanitario urxente terrestre que pon fin á folga indefinida, pero non sen antes condenar firmemente todos os actos de sabotaxe as ambulancias.

O conselleiro quixo subliñar a importancia deste servizo concertado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “prestado por magníficos profesionais” e que garante a accesibilidade, a equidade e a eficiencia dunha asistencia de alta calidade a todos os galegos. Segundo dixo Almuiña, trátase do servizo mellor valorado polos galegos de todos os que ofrece o Sergas, acadando unha puntuación media dun 9,3 sobre 10.

Almuiña destacou que estes resultados non son froito do azar, senón da análise continua dos cambios demográficos, as variacións nas demandas sanitarias, as necesidades e actividades nas diferentes comarcas e concellos da nosa comunidade autónoma, “coa finalidade última de mellorar a asistencia sanitaria urxente e acercar os avances tecnolóxicos á nosa cidadanía”.

Quixo tamén referirse o conselleiro aos tempos de resposta en emerxencia que son “dos mellores de España”. Almuiña dixo que Galicia continúa sendo pioneira na implantación de programas dirixidos a mellorar a asistencia de urxencia, replicados moitas veces polo resto dos servizos de emerxencias médicas do Estado.

No referente aos pregos de contratación para a nova licitación do servizo, o conselleiro lembrou que serán publicados no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea para garantir os principios de igualdade, transparencia e libre competencia, logo de seren visados pola asesoría xurídica do Sergas e tras ser autorizados polo Consello da Xunta.

Almuiña informou que, conforme á nova de Lei de Contratos do Sector Público, a adxudicación do servizo vaise realizar en base á mellor relación calidade-prezo, avaliada segundo unha pluralidade de criterios económicos e cualitativos.

27 de marzo de 2019 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.