publicidade hoxe

A delegación galega participa en máis do 80% das competicións das olimpíadas nacionais de Formación Profesional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Un total de 28 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega compiten a partir de hoxe nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid. En total a nosa Comunidade participa nun total de 26 das 31 skills en competición.

Cómpre sinalar que ademais das 28 alumnas e alumnos e 26 docentes participantes na competición oficial, outros 5 estudantes de centros educativos galego tomarán parte nas demostracións realizadas nas Spainskills nas modalidades de Recepción Hoteleira e Drons. Así mesmo, unha decena de profesoras e profesores de centros educativos galegos de FP participaron nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.

O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.

As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).

27 de marzo de 2019 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.