publicidade hoxe

A Xunta adxudica as obras de humanización da travesía de Noia por un investimento de 209.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

A Xunta vén de adxudicar as obras de humanización da travesía da estrada AC-311, en Noia, por un investimento de máis de 209.000 euros.

As actuacións serán acometidas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. e dispoñen dun prazo de execución duns 4 meses aproximadamente.

Esta intervención na travesía de Noia promove a mellora integral da contorna da Igrexa de San Bernardo para reforzar a seguridade viaria e a mobilidade ao seu paso polo centro urbano.

As principais actuacións programadas engloban un treito de aproximadamente 400 metros, entre a estación de servizo existente e a igrexa de San Bernardo, que permita a reordenación do espazo na contorna da igrexa de San Bernardo.

Os traballos a executar inclúen o estreitamento dos carrís de circulación do tráfico rodado, ampliando as beirarrúas e executándoas nos treitos onde non as hai. Trátase de gañar espazo para as persoas, para facilitar os desprazamentos dos veciños, e garantir un tránsito peonil cómodo e seguro.

O proxecto prevé tamén a execución de 3 pasos de peóns sobreelevados, para reforzar a seguridade dos viandantes, os usuarios máis vulnerables das estradas. Ademais, vanse reordenar os aparcadoiros, recolocaranse os sumidoiros e renovarase a capa de rodadura.

Esta actuación se completará coa dotación de mobiliario urbano e o acondicionamento de zonas verdes, pequenas franxas axardinadas que contribúan a facer desta travesía un espazo máis humano e máis atractivo.

20 de febreiro de 2019 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.