publicidade hoxe

O CIAE 112 Galicia rexistra unha incidencia de media ao día relacionada con incendios en chemineas e braseiros no fogar durante o último mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia ven de rexistrar, desde principios de decembro, ao redor de 40 incidencias debido a incendios no fogar causados pola acumulación excesiva de feluxe nas chemineas e a mala combustión de braseiros.

Por provincias, a de Lugo foi a que rexistrou o maior número de incidencias, un total de (12). Mentres, na Coruña e Ourense tiveron lugar (11) incidencias en cada unha delas e, por último, en Pontevedra xestionáronse (5). En canto aos concellos nos que máis se rexistraron este tipo de incidencias destaca o da Coruña, con (4). Deste xeito, o CIAE-112 tramitou de media unha incidencia destas características ao día.

Cabe destacar que o mes durante o cal o CIAE 112 Galicia rexistrou máis incendios en chemineas e braseiros en vivendas foi decembro con (30), seguido dos (22) de novembro e dos (15) que tiveron lugar en outubro.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recomendamos que as persoas que fagan uso deste tipo de aparellos, teñan en conta que a acumulación de feluxe na cheminea pode causar un incendio ao prendela e tamén aumenta sensiblemente o consumo e a contaminación.

8 de xaneiro de 2019 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.