publicidade hoxe

Alfonso Rubio convértese en novo secretario territorial da Xunta en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereitaVigo
A-
A+
Alfonso Rubio

Alfonso Rubio

Alfonso Rubio Cordón incorporouse este martes, en comisión de servizos, coma novo secretario territorial da Xunta en Vigo. Sucede así no cargo a Yolanda Lesmes Romero, quen o pasado mes de abril incorporábase á Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín y O Barco (EOXI de Ourense) ao fronte da Dirección de Recursos Humanos.

Alfonso Rubio é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior da Xunta de Galicia, en excedencia especial como funcionario do Corpo Técnico da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

Desde 2013 ocupaba o posto de adxunto á delegada na Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) na Delegación da Xunta en Vigo. Con experiencia e cargos anteriores nas tres administracións públicas, destaca o súa etapa ao fronte da Subdirección Xeral do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS). É ademais profesor asociado da Universidade de Vigo (UVigo).

Cómpre destacar a plena consolidación do modelo das delegacións territoriais posto en marcha no 2009, coincidindo coa chegada de Alberto Núñez Feijóo a presidencia da Xunta. Os datos reflicten que esta estrutura periférica non só supuxo un importante aforro dos custes de funcionamento, senón tamén unha clara mellora na labor de xestión para os cidadáns.

6 de xuño de 2018 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.