publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Festival da Luz entrégalle 114.000 euros a Oncomet e anuncia as primeiras confirmacións para este 2018

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoimortoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Acto de entrega do cheque a Oncomet

Acto de entrega do cheque a Oncomet

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe na entrega de 114.000 euros por parte do Festival da Luz ao grupo Oncomet para a investigación da biopsia líquida. Os fondos proceden da recadación deste encontro musical que tivo lugar o pasado mes de setembro no concello de Boimorto, un evento que contou cunha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a súa celebración.

A promotora do festival, a cantante Luz Casal, foi a encargada de realizar esta doazón nun acto desenvolvido na sede da Fundación Paideia na Coruña, que reuniu moitos dos colaborades e patrocinadores do evento, ao tempo que serviu para anunciar as primeiras confirmacións do festival para 2018.

Entre os artistas que actuarán os vindeiros do 7 ao 9 de setembro en Boimorto figuran Love of Lesbian, Eskorzo, Elliot Murphy with Olivier Durand, Mi Capitán, Vargas Blues Band, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Agoraphobia, Riff Raff, Los Motores, Xoán Curiel ou Pandereteiras de Verducido.

20 de febreiro de 2018 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.