publicidade hoxe

A mellora da estrada provincial Escuadro-Silleda comeza co ensanche da parte esquerda da vía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSilleda
A-
A+

As obras impulsadas polo departamento de Mobilidade da Deputación na estrada provincial EP-6509 Escuadro-Silleda no termo municipal de Silleda xa están iniciadas. Tal como anunciara o deputado Uxío Benítez, o persoal operario da empresa Elsamex comezou esta semana os traballos da mellora integral da estrada coa apertura da caixa da vía para aumentar a súa sección pola parte esquerda.

A actuación prevista abrangue un treito de 560 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 4+460 e o 5+200, onde que se ampliará a plataforma rodada ata os 5,5 metros de largo –xa en algúns puntos agora non chega nin aos catro metros–, na rehabilitación integral do firme da calzada, o saneo das cunetas e a mellora da drenaxe superficial, e a construción dun muro de contención nunha zona onde se produciu un desprendemento.

Ademais, incluiranse dispositivos de calmado de tráfico –redutores físicos de velocidade de vehículos similares aos instalados ao abeiro do Plan MÓVESE para mellorar a seguranza viaria, nova sinalización horizontal e delimitación da velocidade máxima a 30 quilómetros por hora.

7 de febreiro de 2018 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.