publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a presentación dos campionatos de baristas, que celebrará entre o 21 e o 23 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.

Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.

30 de xaneiro de 2018 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.