publicidade hoxe

A Consellería de Educación adxudica a ampliación do IES Monte Neme, en Carballo, por 735.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de asinar o contrato para acometer a ampliación do IES Monte Neme, en Carballo. A obra foi adxudicada á empresa Petrolam Infraestruturas S.L., por un importe de 735.218,30 euros e un prazo de execución de seis meses.

A intervención inclúe a construción dun novo edificio de preto de 600 metros cadrados que albergará os ciclos da familia profesional de Administración. Este módulo adicional acollerá catro novas aulas, así como zona de servizos (almacén, cuarto de limpeza), aseos e sala de profesorado.

Así mesmo, tamén se acometerán unha serie de reformas interiores no edificio actual, que inclúen a ampliación da biblioteca e a dotación de novas aulas de música, tecnoloxía e plástica (no bloque 1); e novo equipamento para o taller de fontanaría, ademais da reforma de canlóns e lucernarios no bloque 3.

Está previsto que as obras, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, comecen a mediados deste mes de novembro.

7 de novembro de 2017 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.