publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta participa na presentación do “Maletas Viaxeiras” no marco do Día Internacional da Biblioteca Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+
Susana López Abella na presentación do proxecto "Maletas viaxeiras"

Susana López Abella na presentación do proxecto “Maletas Viaxeiras”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira asistiron esta mañá á presentación do proxecto “Maletas Viaxeiras”, no marco do Día Internacional da Biblioteca Escolar.

A presentación do proxecto tivo lugar no IES Maruxa Mallo no concello de Ordes, co motivo da celebración do Día da biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico, e que está promovido pola Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares.

A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. As bibliotecas escolares preséntanse na comunidade educativa como lugar de encontro e saber onde conflúen o pracer da lectura e a inquietude por aprender dun modo diferente.

Maletas viaxeiras

O proxecto “Maletas Viaxeiras” é unha das medidas recollidas no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que recolla a mediade concreta de configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero e educación afectiva e sexual. A persistencia destes roles, estereotipos e actitudes sexistas aínda presentes na nosa sociedade perpetúan as desigualdades, polo que se fai preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas.

O sistema educativo é o ámbito privilexiado para estimular estas transformacións, cambios que deben implicar o conxunto da comunidade educativa no seu sentido máis amplo dende a administración educativa, profesorado, alumnado, familias ou o sector editorial. Así, nesta maleta se recollen 32 exemplares, con libros, folletos dípticos e trípticos, unidades didácticas, cadernos, e guías. Todos eles relacionados coa Igualdade de xénero e a sensibilización e prevención da violencia de xénero.

24 de outubro de 2017 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.