publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo leva ao Concello de Foz o proxecto colectivo Nós+outrxs en rede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLugo
A-
A+

A Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou este mércores a mostra itinerante Nós+outrxs en rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva.

García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.

Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que participan 17 artistas que propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Este proxecto colectivo, estivo exposto nos 4 museos da Rede Museística da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar, en Chantada e Lourenzá.

Artistas

- Carmen Porteiro: co proxecto Non son ninguén presenta unha serie fotográfica que xorde a partir dunha interpretación en formato audiovisual da obra de Maruja Mallo (postaleando, 2014) e da reflexión de Tania Balló sobre Las sin sombrero, un grupo de mulleres, entre as que se atopa Mallo: coa que se fai unha crítica da ausencia da muller na sociedade actual.
- Cristina Basanta e Lucía Vila: participan con Conversas. Despois de traballar no proxecto Raíces, deciden continuar explorando conxuntamente con este tríptico. O interese polo traballo colectivo, a unión como raíz e a Mariña como lugar de encontro, enlazadas entre a paisaxe, as mulleres e o tempo.
- Reme Remedios: presenta a obra Mulleres en círculo.
- Crystilandia: coa súa obra Corazón desarraigado busca…. Hai tempos nos que un corazón debe desarraigar, desprenderse das vellas follas e alzarse a voar, espallando novas sementes, para así atopar un novo fogar no que botar raíces.
- Laura Varela: co proxecto Suspiro explora o efémero e ao mesmo tempo eterno que é o sentir. Catro imaxes que dialogan entre si cun haiku como refrán, como enlace, coma un latexo, como a respiración.
- Elvira Fente: coa súa obra Womanhood describe situacións que permiten abrir novos debates sobre a condición feminina. Imaxes que espertan no público emocións, respostas e interrogantes. A obra divídese en tres bloques, que se corresponden coas tres etapas na vida da muller segundo a cultura celta; a inocencia, a maternidade e a sabedoría.
- Julio Leira: participa con Vida Cotidiana, unha serie de fotografías da súa colección Vida cotiá en distintos países, especial
- Paula Cabaleiro: participa nesta exposición con Meu berce, meu mar.
mente en Senegal, coas que trata de captar a esencia das persoas na súa vida diaria.
- Kristopher (Kris) Dios Barreiro: participa coa obra The Wall, un exercicio de auto-expresión no momento no que autor descubre que é unha persoa transexual, unha obra conceptual que representa un muro no que se reflicten a modo de graffiti diferentes emocións.
- Violeta Bernardo: co proxecto Muller/es, unha colección de pezas nas que se reflicte a forma de pensar da artista galega. O obradoiro que impartirá será Escultura cerámica comunitaria.
- Mery Pais: co proxecto Olladas sen fronteiras.
- Vita Martínez: a través da súa obra, esta artista constrúe a metáfora da alteridade. Para elo, non dubida, en empregar o seu propio corpo, como marxe de escritura ou os areais como folio en branco, incluso as pedras como símbolo migrante do eu ao ti.
-Eva Díez: gañadora do III Premio de Fotografía Contemporánea co seu proxecto Renacer, do que forman parte as pezas incorporadas a esta mostra. Renacer é un proxecto fotopoético que xoga coas oposicións: luz e escuridade, primeiro plano e plano de fondo, etcétera.
- Anas Costas: presenta unha peza que xurde dun poema de Helena Villar Janeiro, un haiku escrito ex profeso para esta colección.
- Paula Noya: presenta a obra A memoria é o perfume da alma.
- Mónica Mura: coa súa obra Sas Diosas…Miradas, sa arèntzia, a autora honra as súas raíces e a súa identidade, facendo un retrato da súa xenealoxía a través das mulleres das seis últimas xeracións da súa familia materna. A artista acompaña as obras cunha videocreación.

7 de setembro de 2017 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.