publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Cervantes, parroquia de Vilarello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilarello.

O lume, que comezou o xoves ás 01,22 horas quedou finalmente extinguido onte ás 21,45 horas da noite. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 121,31 hectáreas, das cales 70 son de arborado e 51,31 de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 16 axentes, 46 brigadas, 20 motobombas, catro pas e dous helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

28 de agosto de 2017 | 14:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.