publicidade hoxe

López Abella reitera a importancia da formación e da educación no Camiño para avanzar cara a Igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade,Susana López Abella reiterou hoxe a importancia da educación e da formación no camiño para avanzar cara a igualdade, no marco da inauguración do XIII Curso de Verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Violencias, Diversidade, Coeducación, Emocionalidade, no Auditorio de Lalín, onde indicou que para conseguir unha sociedade respectuosa e inclusiva con todas as persoas, o traballo no ámbito educativo faise imprescindible.

López Abella indicou que desde as aulas pódese ensinar aos nenos e nenas a ter unha visión do mundo e da sociedade libre de prexuízos e estereotipos, traballando deste xeito desde a raíz para construír unha sociedade onde todas as persoas poidan vivir en plena igualdade e liberdade dunha maneira real. Polo que indicou que impulsar o cambio dos valores, actitudes, roles e estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero, segue a constituír un reto das sociedades actuais, co obxectivo que mulleres e homes teñan por igual os mesmos dereitos e oportunidades.

Ademais, Susana López Abella destacou a posta en marcha do I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, que foi presentado en setembro de 2016 e elaborado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia, concretamente dende a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, e rexese por catro principios fundamentais, que son introducir a igualdade de xénero como un elemento transversal e sempre presente na actividade educativa; construír unha sociedade igualitaria empregando a educación como medio; buscar o obxectivo violencia cero nas aulas e na sociedade; e educar na integración plena de todas as persoas, por riba da súa opción afectiva ou sexual.

Ademais, cómpre destacar a incorporación da Igualdade de xénero como materia de Libre Configuración autonómica no curso 2016-2017, unha ferramenta educativa coa que se busca concienciar os rapaces e as rapazas sobre a importancia da igualdade nas relacións persoais e sociais e, deste xeito, contribuír a evitar condutas de violencia.

18 de xullo de 2017 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.