publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A media maratón ‘O Gran Camiño’ preséntase como unha carreira para por en valor o deporte, a terra e a cultura de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaO Pino
A-
A+
Presentación da media maratón "O Gran Camiño"

Presentación da media maratón “O Gran Camiño”

A secretaría xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación da media maratón ‘O Gran Camiño’ que o vindeiro 9 de xullo transcorrerá polo Camiño Francés de Santiago unindo os Concellos de Arzúa e O Pino. Unha proba que continúa os pasos da MediaSan que nas súas tres anteriores edicións unía O Pino e Santiago. A máxima responsable do deporte a nivel autonómico asegurou que esta carreira “porá en valor o noso deporte, a nosa terra e a nosa cultura”.

Na súa intervención, a secretaria xeral salientou as carreiras populares e todos os eventos deportivos que teñen lugar en Galicia que destacan pola “paisaxe, o clima, a fusión de mar e montaña, a cultura, a gastronomía e as nosas xentes” facendo destas probas, “experiencias únicas e irrepetibles”.

Segundo a titular de Deporte, ‘O Gran Camiño’ “fomentará a consolidación de hábitos de visa saudables, posto que é precisa unha preparación previa que fai que o deporte se instale no día a día de cada cidadán”, pero ademais, “ incentivará a nosa terra, especialmente unha zona tan rica e tan fermosa como a comarca de Arzúa” e “dará a coñecer a nosa cultura e o noso patrimonio, representados nunha das máis grandes iconas galegas como é o Camiño de Santiago”.

Ademais, dixo a secretaria, ‘O Gran Camiño’ “casa á perfección con esa idea do deporte global, inclusivo, igualitario para todos e para todas, que promulgamos desde a Secretaría Xeral para o Deporte”.

15 de xuño de 2017 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.