publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Igape salienta os investimentos e a industria 4.0 como claves para crecer e mellorar en competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou esta mañá durante a súa visita ás instalacións de Utingal a importancia de que o tecido empresarial galego aposte polos investimentos e a Industria 4.0 como claves para medrar e mellorar a súa competitividade.

Neste sentido, Cividanes destacou o esforzo que está a desenvolver Utingal para ampliar a súa capacidade de fabricación ao tempo que saca partido da súa ampla experiencia no ámbito da automoción para diversificar a súa actividade e medrar, crear riqueza e emprego.

Utingal ampliou recentemente as súas instalacións incorporando unha nova nave de 4.000 m2 que lle permite triplicar o espazo de que dispuña para fabricar novas pezas e ampliar a súa capacidade de produción. Desde Tui, este empresa subministra aos principais construtores de avións do mundo, ampliando o seu cadro de persoal ata chegar aos 62 traballadores.

A empresa tudense está a manter un compromiso destacado a prol da innovación e o coñecemento, como mostra a súa participación en programas como o Innterconecta, o Conecta Pemes ou o Concurso de ideas fábrica 4.0, co que está a desenvolver una nova plataforma integrada de traballo para o sector aeronáutico, no marco dun proxecto colectivo coordinado por Asime.

Utingal é unha das 38 empresas galegas que están a desenvolver investimentos 4.0 co apoio da primeira edición do Concurso de Ideas Industria 4.0, que a Xunta puxo en marcha para apoiar proxectos piloto que permitan implantar tecnoloxías da fábrica intelixente nas pemes galegas, e que conta cunha alta participación de empresas pontevedresas. Hoxe remata o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á segunda convocatoria desta inciativa ao abeiro da cal a Xunta busca apoiar, ao abeiro de seis proxectos colectivos, proxectos impulsados por medio cento de pemes galegas.

3 de maio de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.