publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O CCU organiza a III edición do desfile Monforte Monumental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de Lemos
A-
A+

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; á Presidenta do CCU, María José Senra; e ao Xerente do CCU, Ángel Folgueira; presentaron este xoves no Centro Comercial Urbano Monforte, a III edición da Pasarela Monforte Monumental 2017. O Executivo Provincial colabora con este certame de moda cunha achega económica de 2.000 euros, e ofrecendo unha ruta en catamarán, totalmente gratuíta, que realizarán durante a fin de semana, os organizadores, presentadores, deseñadores, e todo o persoal que participa, para dar a coñecer e promocionar a Ribeira Sacra. O Concello monfortino aporta unha achega de 3.000 euros e tamén cede, de balde, a utilización do espazo público da explanada.

Vidal Baamonde subliñou que “dende o Goberno da Deputación, colaboramos un ano máis, coa Pasarela Monforte Monumental, co obxectivo de apoiar e impulsar o comercio local, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía do Concello de Monforte de Lemos. Quero pór en valor este tipo de iniciativas que promoven de xeito significativo o turismo nesta zona da provincia, pois espérase que participen máis de 2.000 persoas nesta III edición.”

Pola súa banda, Tomé Roca, destacou que “a administración municipal vai estar do lado de todas aquelas iniciativas que axuden a fomentar que as compras se fagan no comercio local. E sobre todo, de proxectos atractivos que contribúan a aumentar o interese de xente doutras localidades por visitar a nosa cidade; posto que iso vaise traducir nun maior beneficio económico para todos”. O mandatario local apuntou que “este evento servirá de escaparate para exhibir as prendas de roupa, o calzado e os complementos de máis dunha vintena de establecementos comerciais pertencentes ó Centro Comercial Urbano de Monforte”.

Datos do desfile

O desfile será este sábado, 13 de maio, e comezará ás 22 horas na Compañía. Debido á previsión de chuvia, instalarase unha carpa para poder realizar o evento. Os mestres de cerimonia serán a ex Miss España María Reyes e o actor Antonio Espigares. Ademais, como novidade este ano, haberá dúas firmas convidadas ao evento. Unha delas é Leyre Valiente, deseñadora de moda de luxo gañadora de varias distincións ao longo da súa traxectoria. Durante a súa formación traballou nos equipos de Alexander McQueen e Loewe. Os seus vestidos desfilan nas principais pasarelas do mundo como a Mercedes Benz Fashion Week de Madrid e Ámsterdam ou a Printshow 3D de Londres e París. Tamén estará o deseñador catalán Moises Castañeyra.

11 de maio de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.