publicidade hoxe

A Xunta investiu máis de 46.000 euros en reparación de camiños en Ramirás a través do Plan marco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRamirás
A-
A+
Marisol Díaz supervisa os traballos en Ramirás

Marisol Díaz supervisa os traballos en Ramirás

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Yago Borrajo, supervisou esta mañá as obras de mellora de camiños municipais en varios núcleos do municipio, no marco do Plan Marco de mellora de camiños municipais e acceso a explotacións agrarias.

Estas obras supuxeron un investimento de máis de 46.000 euros, que contribuirán a mellorar os desprazamentos dos veciños que residen no lugar e incidir así, positivamente, na súa calidade de vida.

A través deste programa, engadiu a delegada territorial, arranxáronse 810 quilómetros de vías públicas nun total de 293 concellos de Galicia. O investimento executado na provincia de Ourense cífrase en 4 millóns de euros que beneficiou a 91 municipios.

Neste caso, as actuacións en Ramirás consistiron na reposición do firme, que estaba moi deteriorado, que se substituíu por un novo pavimento, e na canalización de augas na cuneta nos camiños de Coveliñas e Mosteiro.

Marisol Díaz explicou que a finalidade destas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas zonas rurais, Para acadar este obxectivo é preciso “mellorar as dotacións existentes” de infraestruturas básicas e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

4 de maio de 2017 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.