publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aposta pola colaboración cos concellos para mellorar os servizos prestados á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as obras da piscina municipal da Laracha, na que a Xunta investiu preto de 40.000 euros para mellorar o seu lucernario. Os traballos, que se financiaron ao abeiro da orde de infraestruturas para concellos, centráronse en reparar os piares e solucionar os problemas de condensación que se producían. Deste xeito, grazas á colaboración das administracións, mellorouse un recurso de atención á cidadanía.

Ademais, o departamento tamén ten colaborado co concello da Laracha noutra liña de actuación durante o ano pasado. En concreto, destinou 3.300 euros para financiar a adquisición de soportes para os colectores do lixo. Neste caso, a axuda concedeuse ao abeiro do Fondo de Compensación de Ambiental, que permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas no seu contorno.

En total, desde 2009, a Consellería de Presidencia colaborou coa Laracha con máis de 630.000 euros a través de distintas liñas de axudas. Así, a colaboración establecida, de xeito fluído e continuo, entre a Administración autonómica e a local redundou en melloras reais para a cidadanía.

2 de maio de 2017 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.