publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar inviste 75.000 euros na mellora do peirao de Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasLocal Portada
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a investir preto de 75.000 euros en diversas melloras no peirao do municipio coruñés de Camariñas. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Para mellorar as condicións de traballo e reforzar a seguridade dos usuarios do porto de Camariñas decidiuse delimitar unha zona de tráfico e acoutar e distribuír a explanada de traballo. Con este obxectivo, Portos de Galicia vén de rematar os traballos de delimitación e pavimentación dunha nova vía portuario duns 200 metros na zona próxima aos departamentos, eliminando así o tráfico do resto da zona de traballo.

Ademais habilitouse unha zona de varada de máis de 750 metros cadrados cun peche en tres das súas caras, permitindo tamén separar as augas de escorremento exteriores. Na parte frontal, que non quedou pechada, colocouse un canle de formigón para recoller estas augas.

Así mesmo, pavimentáronse tamén uns 1.200 metros cadrados de zonas co firme deteriorado nas proximidades da lonxa, seguindo solicitude da confraría e construíuse unha pequena caseta para gardar ferramenta e na que se atopan as tomas de auga e electricidade. Finalmente, nos vindeiros días dará comezo a construción dun novo peche para o depósito de caixas que vén substituír á zona de provisión de caixas existente con anterioridade ás obras xa executadas.

8 de maio de 2017 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.