publicidade hoxe

Extinguidos os incendios de Sober e Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesSober
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Extinguido Sober

Quedou extinguido ás 00,16 h. desta madrugada o incendio no concello lugués de Sober, parroquia de Anllo. Este lume iniciábase o domingo ás 17,50 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou 130 hectáreas, 90 de monte arborado e 40 de raso. Na súa extinción traballaron 21 axentes, 30 brigadas, 20 motobombas, 4 pas e 8 helicópteros.

Extinguido Cervantes

Tamén quedou extinguido ás 19,50 h. o lume que comezaba o sábado ás 2,01 h. con 4 focos simultáneos no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilarello, e que tamén afectou ao concello de Pedrafita do Cebreiro. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 90 hectáreas, das cales 84 son de arborado e 6 de raso. Nos traballos de extinción participaron 21 axentes, 31 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

26 de abril de 2017 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.