publicidade hoxe

O alumnado do Politécnico de Santiago recibe información sobre o proxecto ‘Educa2020’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Román Rodríguez na visita ao CIPF Politécnico de Santiago. Foto: X. Crespo

Román Rodríguez na visita ao CIPF Politécnico de Santiago. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o CIPF Politécnico de Santiago, cuxos alumnos coñeceron de primeira man o proxecto de ámbito estatal Educa2020, posto en marcha por xornalistas e educadores co fin de debater e afondar sobre o futuro educativo.

O conselleiro acompañou ao xornalista Fernando Jáuregui -que é o presidente deste proxecto- nunha charla mantida cos alumnos do Politécnico, cos que interactuou sobre a situación actual e as súas inquedanzas profesionais. Nesta liña, Jáuregui explicou que a sociedade do futuro esixe dunha adaptabilidade continua, do desempeño de novas funcións, e é imprescindible que cada quen saiba desenvolver a súa propia marca persoal.

Este encontro enmárcase dentro dun proxecto de enquisa a nivel estatal e na que poden participar alumnos de Bacharelato e de FP de entre 16 e 18 anos de idade, co fin de elaborar un traballo demoscópico co obxectivo de obter unha radiografía sobre as opcións de futuro que contemplan os propios alumnos. Neste sentido, Fernando Jáuregui aproveitou a súa presenza no CIFP Politécnico para facer un chamamento á participación no estudo, que contempla 10.000 entrevistas en toda España, 2.000 delas en Galicia.

22 de marzo de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.