publicidade hoxe

Mouteira agradece a “Queixumes dos Pinos” a súa posta a disposición para contribuír na dinamización da vida cultural de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá o director da asociación folclórica de exaltación e fomento da cultura galega “Queixumes dos Pinos”, José Antonio Viñas. Nesta xuntanza Díaz Mouteira eloxiou o labor desta entidade a prol da cultura e a etnografía galega “ao longo dos máis de 20 anos da traxectoria desta agrupación, traballaron arreo para amosar espectáculos folclóricos por diversos países do mundo e conseguiron converterse en auténticos embaixadores da tradición cultural do noso país, levando o nome de Ourense e Galicia como bandeira ”.

O director do grupo explicoulle á delegada territorial que “Queixumes dos Pinos” vén de trasladar o seu local á avenida da Saínza da capital e puxo a súa disposición esta nova infraestrutura para contribuír á dinamización da oferta cultural da cidade e da provincia, coa organización de diversas actividades. Por último, convidouna á próxima estrea do novo espectáculo que, logo de tres anos, a agrupación presentará o vindeiro mes de abril e que leva por título “Ourense con sentimento”.

7 de marzo de 2017 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.