publicidade hoxe

Marisol Díaz Mouteira súmase aos actos conmemorativos do Día da Auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira no acto de celebración do Día Mundial da Auga

Marisol Díaz Mouteira no acto de celebración do Día Mundial da Auga

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, sumouse hoxe á celebración do Día Mundial da Auga participando nun acto conmemorativo organizado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Baixo o lema Augas residuais promocionáronse diversas actividades que apostaron polo bo uso do recurso e a importancia de evitar as verteduras de obxectos e sustancias non depurables co fin de preservar o medio ambiente e o seu desenvolvemento sustentable.

O acto celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense contou tamén coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañado polo presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, e o presidente de la CHMS, Francisco Marín, entre outras autoridades.

22 de marzo de 2017 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.