publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación destina 322.855 euros para renovar a rede de abastecemento de Fene, na avenida das Pías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación da renovación de servizos e pavimentos na avenida das Pías, no termo municipal de Fene. A Deputación da Coruña financia estas obras cunha achega de 322.855 euros, dentro do seu Plan de Acción Social (PAS).

Os traballos consistirán na renovación das redes de abastecemento de auga que discorren polas marxes da estrada FE-14, as cales teñen unha antigüidade superior a 40 anos, polo que presentan continúas fugas e roturas que orixinan danos por falta subministro e inundacións.

As novas tubaxes instalaranse nun tramo de preto de un quilómetro, incluíndo os ramais para abastecer as acometidas domiciliarias existentes, e estarán realizadas en fundición e polietileno. As augas derivaranse cara un novo colector de saneamento, que se situará na marxe dereita da avenida. Así mesmo, aplicarase impermeabilización asfáltica bicapa nas cubertas dos sotanos, co obxectivo de evitar futuras humidades.

Co obxecto de mellorar a accesibilidade, os traballos aproveitaranse para colocar baldosas nas beirarrúas comprendidas no tramo da avenida das Pías e na rúa de acceso á Igrexa de Perlío, que contarán con rebaixes para favorecer o acceso a persoas con mobilidade reducida.

O resto dos pavimentos afectados polas obras reporanse con rego asfáltico e aplicarase pintura específica con textura antideslizante nos pasos de peóns.

13 de marzo de 2017 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.