publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xove acolle “Nadal de vila en vila”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Dende a Rede de Dinamización Lingüística estase a  traballar para poñer en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, Cabalgatas, felicitacións etc.). Como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa incluíra tanto actividades de dinamización lingüística coma recursos dixitais que estarán accesibles proximamente desde o Portal da Lingua Galega wwwiingua.gal.

O  Concello de Xove está incluido na relación dos que acollen  actividades deste tipo, neste caso ‘Nadal de vila en vila’, un obradoiro de música de Nadal en galego destinado a achegarlles aos participantes as tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aginaldos etc da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. Nel, a participación dos asistentes será activa e recibirán con este fin diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas…) cos que acompañar as voces. A partir dun conto de Nadal que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial de letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.

A duración desta actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, vai dirixida a familias con nenos a partir dos 4 anos e está pensada para desenvolver en espazos culturais municipais (casas da cultura, auditorios, centros socioculturais ou similares).

Trátase dunha actividade da REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA que conta, neste caso, coa colaboración da CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE XOVE.

4 de xaneiro de 2017 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.