Povisa adhírese á declaración de Luxemburgo
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social aceptou a adhesión de Povisa á Declaración de Luxemburgo.A Declaración de Luxemburgo foi consensuada e publicada en 1996 pola Rede Europea de Promoción da Saúde no Traballo, e o seu obxectivo é “axuntar os esforzos dos empresarios, os traballadores e a sociedade para mellorar a saúde e o benestar das persoas no lugar de traballo”.
A adhesión de Povisa é firme desde o 1 de xaneiro do presente ano e, con tal motivo, o hospital ultima estes días unha ampla serie de medidas dirixidas a mellorar o benestar dos seus traballadores tanto na súa contorna laboral como no seu ámbito social e familiar, e mellorar tamén o benestar en xeral da poboación de referencia do hospital. Estas medidas serán presentadas publicamente nas próximas semanas.