publicidade hoxe

Os estudantes do IES Torrente Ballester realizarán o roteiro Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Este venres, 27 de xaneiro un grupo de 40 estudantes de 4º de ESO do IES Torrente Ballester realizarán o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. Sairán ás 10.25 horas desde a praza da Ferraría.

A actividade inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

26 de xaneiro de 2017 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.