publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O xulgado do contencioso avala a orde de execución para consolidar a Casa do Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A orde de execución das obras de apeo, estabilización de fachadas, consolidación de cuberta e limpeza da edificación da Praza Martín Gómez Abal (O Castro) “axústase a legalidade” ao igual que a posterior resolución municipal desestimando o recurso de reposición interposto contra a anterior por Técnicas del Vidrio transformado, segundo ao declara a sentencia que ven de comunicar o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. O fallo avala a actuación do Concello ao entender que as obras ordenadas “eran, dende o punto de vista técnico, adecuadas para o cumprimento do deber de conservación que a Lei impón aos propietarios”.

A sentenza desbota unha a unha as alegacións expostas por Técnicas do Vidrio Transformado S.L.. no seu recurso, ao quedar probado que non existiu indefensión, porque á empresa ofrecéuselle o trámite de Audiencia e incluso se ampliaron os prazos de execución da orde (do 31 de outubro de 2015 ao posterior 23 de decembro de 2015), para axustarse a ese trámite.

O xuíz tampouco aprecia irregularidade algunha nas obras requiridas polo Concello e as realizadas xa que os informes dos peritos e dos técnicos avalan a súa idoneidade e porque a declaración de estado de ruína ao que apelou posteriormente a sociedade, non fora solicitada con anterioridade á orde de execución do Concello , engadindo en todo caso que o estado ruinoso puido terse producido no transcurso do ano que pasou entre o requirimento do Concello (setembro de 2015) e o informe pericial encargado por Técnicas del Vidrio Transformado (setembro 2016). O xuíz recolle literalmente deste informe que “la edificación se encuentra en estado de ruína técnica… y en estado de ruína económica”, engadindo o maxistrado que “non debendo esquecerse da rápida modificación das condicións dun edificio que xa se atopaba con deficiencias, por el mero transcurso do tempo, realidade que tamén se puxo de manifesto nas declaración realizadas polos peritos en sede xudicial”.

Despois dun procedemento que se remonta ao ano 2006, despois de reiterados requirimentos de actuación nunca acatados, despois de varias multas coercitivas e incluso de intentos de negociación cos propietarios, en setembro de 2015 o Concello de Vilagarcía ordenou á Técnicas del Vidrio transformado executar as devanditas obras de apeo e consolidación, para o cal aportaba o proxecto elaborado por un arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación e os pertinentes permisos de Patrimonio, por tratarse dun edificio catalogado. O recurso de reposición que a sociedade interpuxo contra esta orde foi desestimado polo Concello, razón pola cal a empresa recorreu á vía xudicial coa presentación dun contencioso administrativo. Nese mesmo momento a sociedade solicitou a suspensión cautelar da orde, medida que o xulgado desestimou poucas semanas despois ao entender que, dada a perigosidade que revestía a situación do inmoble, ante todo, debía primar a seguridade das persoas.

Entre tanto, o Concello contratou e executou as obras cuxo custe, uns 60.000 euros, deberá abonar Técnicas del Vidrio Transformado.

31 de xaneiro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.