publicidade hoxe

O Concerto de Ano Novo na Bandeira pecha o programa de Nadal o sábado 7

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSilleda
A-
A+

O concerto de Ano Novo da Bandeira pecha este ano o Programa de Nadal do Concello de Silleda. A cita será ás 19:30 horas no auditorio municipal Manuel Dopazo, onde actuarán todas as agrupacións da localidade.

Así, ademais dos grupos de música e baile tradicional Fortín da Pomba e Xirandola, polo escenario desfilarán tamén Medias Verdes Teatro, o Coro Vales Mahía e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira.

Neste concerto recolleránse tamén donativos e alimentos non perecedeiros para o programa Silleda Solidaria, dende o que se agradecen todas as colaboración destas últimas semanas.

Co concerto de Ano Novo na Bandeira poñerase o broche de ouro á programación de Nadal, con máis de 40 actividades dende o pasado día 3 de decembro e que mañá xoves, coa Cabalgata de Reis terá un dos seus puntos álxidos, co percorrido polas rúas de Silleda e remate no recinto feiral Semana Verde de Galicia.

4 de xaneiro de 2017 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.