publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía ordena a inspección do bazar chino xunto ao acceso ao hospital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Inspectora Urbanística do Concello desprazarase mañá ao bazar chino emprazado recentemente na estrada de acceso ao Hospital para informar sobre a súa situación legal. A medida adóptase despois de que a concelleira do PP, Ana Granja, denunciase no Consello de Xerencia, que o establecemento estaba funcionando dende hai días. De verificarse que o bazar abriu sen dispor de todos os permisos precisos, incoarase expediente e ordenarase o peche e paralización da actividade comercial ata que legalice a súa situación.

Tal como os técnicos de Urbanismo explicaron no Concello a petición da edil popular, o devandito bazar presentou o proxecto de obra e documentación ante o Concello, estando pendente de informe. Pese a estarse tramitando o asunto, o Concello non tiña coñecemento de que o bazar abrirá xa as súas portas, razón pola cal mañá mesmo recibirá a visita da inspectora de Obras.

O goberno local agradece a labor a Granja a súa labor fiscalizadora e o interese que demostra agora dende a oposición por velar polo cumprimento da legalidade urbanística.

18 de xaneiro de 2017 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.