publicidade hoxe

Unha persoa ferida nunha colisión múltiple en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida nun accidente múltiple de tráfico con tres turismos implicados rexistrado no termo municipal de Cabanas (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse pouco despois das 19,00 horas do martes na estrada N-651, ao seu paso pola parroquia de Laraxe.

Como consecuencia do impacto, unha persoa necesitou asistencia médica, aínda que as feridas non parecían graves, segundo indicaron as mesmas fontes.

Foi un particular o que chamou o 112 Galicia para pedir axuda. Axiña, avisouse os Bombeiros do Eume, ao GES de Mugardos, voluntarios de Cabanas, axentes de seguridade e servizos sanitarios de urxencia.

Por outra banda, un coche foise contra o quitamedos cando circulaba por a AG-11, ao seu paso polo concello coruñés de Rianxo. No interior viaxaba unha persoa que se queixaba dunha forte dor nas costas.

Así, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos servizos médicos de urxencia, ademais dos axentes da Guardia Civil de Tráfico e os Bombeiros de Boiro.

O sinistro rexistrouse ás 20,30 horas do martes. Foi un particular o que chamou ao 112 para alertar e mesmo detivo a marcha para comprobar o estado do condutor do vehículo accidentado.

7 de decembro de 2016 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.