Unha casa abandonada arde en Salceda de Caselas
Un incendio calcinou esta madrugada unha casa abandonada na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas, que almacenaba leña e material agrícola.
Segundo os datos da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a voz de alarma deuse en torno ás 4,00 horas da madrugada deste martes, cando un particular informou de que se estaba a producir un incendio nunha casa empregada como almacén do lugar de A Picoña.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Baixo Miño, que traballaron na extinción ata entrada a mañá. Tamén acudiron efectivos de Garda Civil e servizo provincial de incendios.