publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober acolle a XVII edición do Baile á luz da lúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober celebra, un ano máis, o tradicional Baile á luz da lúa que vai xa pola súa XVII edición. Así o avanzou o rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, quen precisou que de novo haberá un concurso que terá lugar o venres día 26 de agosto ás 22:00 horas na praza do Toural do municipio.

A xornada comezará cunha exhibición de baile a cargo de Manuel Roldán, mestre do obradoiro de baile que se impartiu no concello soberino durante o mes de xullo, quen estará acompañado por algún dos seus alumnos e alumnas.

A continuación comezará o concerto da Banda de Música de Sober, que interpretará distintas pezas para todas aquelas parellas que desexen participar no concurso de baile. 

O alcalde soberino apuntou que “o concurso estará dotado de varios premios para os mellores bailaríns”. E animou a todos os veciños e as veciñas do municipio a participar desta actividade “que ano tras ano conta cunha gran afluencia de público e participantes”. 

Guitián precisou que “as parellas interesadas en participar no concurso poderán inscribirse o mesmo día da súa celebración ao inicio do baile e o único requisito para poder asistir é ter ganas de bailar”.

23 de agosto de 2016 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.