publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rematan os traballos na senda ciclista e peonil nas inmediacións do colexio Santiago Apóstolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, realizaron esta mañá unha visita técnica previa á certificación final dos traballos da senda peonil e ciclista instalada na estrada PO-244 ao seu paso polo municipio. O orzamento investido ascende a 22.185.37 euros.

Esta senda, de 230 metros de lonxitude, prolonga o tramo peonil xa instalado actualmente na PO-244 até a pasarela situada nas inmediacións do centro escolar. O novo viario repercutirá notablemente nun aumento da seguridade viaria na contorna do colexio Santiago Apóstolo, unha zona moi transitada a diario por veciños de todo o municipio, concretamente desde o tramo quilométrico 12+060 ao 12+290.

A vía ten unha sección mínima de 1, 80 metros que compartirán peóns e ciclistas. Os traballos centráronse na pavimentación do trazado con formigón de cor area de 10 cm de espesor e completáronse coa instalación de bordos do mesmo material ademais da correspondente sinalización viaria e a humanización da contorna.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu o proxecto como “moi positivo para o municipio xa que permitirá ir desde Arcade a Soutomaior camiñando ou en bicicleta de maneira totalmente segura”. Ademais, tras expresar a súa gratitude ao delegado, destacou que “a instalación desta senda nos arredores dun centro escolar aumentará a seguridade viaria nunha zona especialmente sensible”.

30 de agosto de 2016 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.