publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os veciños da Pobra achegan posibles pistas no caso da xoven desaparecida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Europa Press

Veciños do municipio coruñés da Pobra achegaron diversos testemuños no marco da investigación sobre a desaparición o luns dunha moza madrileña de 18 anos que veranea na localidade. Segundo comentou o alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro, “seguen aparecendo testemuños de veciños” dos cales “algúns poden ter certo peso” e “ser de interese”.

Tras apelar á “discreción neste asunto”, confirmou que veciños acudiron á Policía Local para contar os seus testemuños, dos cales se deu parte á Guardia Civil, que dirixe a investigación. “Nótase a preocupación da xente”, dixo, ao tempo que destacou que “colaboran no que poden”.

Por iso, animou a colaborar. “O noso agradecemento a cada persoa que colabore. Calquera persoa que poida achegar calquera dato é benvida”, abundou.

HIPÓTESE

Sobre a posible causa da desaparición da moza, á que se lle perdeu a pista sobre as 2,30 horas do luns cando regresaba á casa das festas da zona, o alcalde de A Pobra indicou que “a familia di que está (desaparecida) en contra da súa vontade”.

Non obstante, confirmou que este xoves cans rastrexan a zona para buscar a moza, se ben considerou unha “posibilidade remota” que estea perdida na zona rural. “Parece descartarse”, abundou.

Deste modo, os investigadores, que manteñen polo momento todas as hipóteses abertas, tratan de determinar se a moza se foi pola súa propia vontade ou, como sostén a súa familia, desapareceu contra a súa vontade.

A moza de 18 anos Diana María Quer López-Pinel foi vista por última vez a un quilómetro da vivenda onde veranea coa súa familia na zona de Cabío-Xobre, na Pobra. Mide 1,75 metros, ten o pelo longo liso e moreno, ollos escuros e peso uns 55 quilos. A última vez que foi vista vestía pantalón curto rosa, camiseta branca e sudadera e calzaba zapatillas negras con cordóns.

25 de agosto de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.