publicidade hoxe

Iníciase o prazo de presentación de ofertas para a remodelación do campo de Carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa do inicio da presentación de ofertas para a remodelación do campo de fútbol da Guía en Carreira: unha actuación cuxo prezo de licitación se eleva ata os 265.973,36 euros, IVE incluído, e que está enmarcada no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016 da Deputación Provincial da Coruña.

Os interesados en participar no concurso público dispoñen de 26 días naturais contados a partir de hoxe para postularse a través da presentación de propostas no rexistro xeral do Concello. O concurso é de tramitación ordinaria e aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

Cómpre lembrar que Concello e Atlético Carreira alcanzaron no 2015 un acordo en virtude do cal este último lle cede ao ente local o campo da Guía co compromiso de realizar unha serie de obras que agora son as que se reflicten no proxecto técnico elaborado polos servizos técnicos municipais.

Así, o que se persegue é a dotación ao campo de fútbol de céspede artificial (tanto no terreo de xogo como na zona perimetral de seguridade), ademais de instalar unha rede para drenaxe e outra de rego automático.

Barandilla perimetral

Unha vez concluídas estas obras, colocarase unha barandilla perimetral, porterías regulamentarias homologadas para fútbol 11 e fútbol 7, así como nos banderíns nas catro esquinas do terreo. O prazo de execución da actuación ascende a catro meses.

19 de agosto de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.