A Apehl organiza un showcooking na saída da Vuelta a España desde Viveiro
Viveiro acolle mañá a saída da quinta etapa da 71.ª edición da Vuelta Ciclista a España. Á parte do habitual posto de … E para comer, Lugo, a Apehl terá instalada na zona VIP –na que se concentran ciclistas, patrocinadores, xornalistas e afeccionados de diversas procedencias – unha carpa na que estarán presentes varios cociñeiros da elaborando tapas e pizzas en directo para o desfrute dos visitantes. Os hostaleiros participantes proceden dos restaurantes Esencia, de Lugo; Boavista, de Celeiro, e Galipizza, de Viveiro.
Esta iniciativa enmárcase na campaña de promoción da provincia como destino turístico e gastronómico na Vuelta a España posta en marcha pola Apehl hai xa cinco anos.