publicidade hoxe

O Presidente da Deputación de Lugo presenta en Guitiriz un investimento de 435.000 euros para mellorar os servizos públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este luns en Guitiriz o 1º investimento do Orzamento de 2016 para mellorar os servizos públicos aos veciños deste Concello. Campos Conde explicou que está dotado de 435.391 euros, que se inxectarán de xeito inmediato no municipio. Fíxoo nunha visita institucional a Guitiriz, que arrancou cunha recepción no Consistorio por parte da Alcaldesa, Regina Polín, e outros membros da corporación. O Presidente asinou no Libro de Ouro do Concello, e desexando que “este investimento en mellora das prestacións aos veciños de Guitiriz que presento hoxe como Presidente da Deputación, sexa o primeiro de moitos para resolver os problemas dos veciños deste municipio”.

A distribución destes 453.391 euros, que o organismo provincial inxecta en Guitiriz para impulsar a economía local e mellorar as prestacións públicas aos veciños, é a seguinte:

– 250.000 euros para a instalación dun colector no río Veiga para mellorar o saneamento aos 2.000 veciños da zona. A Xunta de Goberno Provincial do pasado venres aprobou este investimento, que se engade ao de 200.000 euros do Concello de Guitiriz e ao de 570.000 da Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

– 76.951 euros para as obras municipais do Plan de Obras e Servizos de 2016 (POS). Supón o triplo que na pasada anualidade, pois o Presidente quixo multiplicar por tres o investimento da Deputación nos Concellos a través desta programación. O Goberno prevé aprobar a listaxe de obras no Pleno deste mes, sempre que todos os Concello presenten as memorias dos proxectos que queren levar a cabo, para poder iniciar inmediatamente a súa execución.

– 24.766 euros para o Servizo a Domicilio. Por primeira vez, esta prestación supón custo cero para os Concellos xa que a Deputación asume todos os custos. Tamén de xeito pioneiro, o organismo provincial ofrece aos municipios un adianto do 90% e a posibilidade de poder financiarlles, ademais dos gastos de persoal, os gastos de funcionamento, axustándose ás necesidades dos usuarios de cada unha das distintas entidades locais co obxectivo de mellorar a calidade do Servizo a Domicilio.

– 6.529 euros para mellorar a sede electrónica. Os Concellos teñen que realizar melloras nas mesmas antes do 1 de outubro debido á entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Esta normativa establece cambios nas ferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns a realización de todos os seus trámites coas mesmas de xeito telemático.

– 3.000 euros para a Festa da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz. Inclúense nas subvencións nominativas do Orzamento de 2016, que por primeira vez a Deputación adianta nun 80%.

– 40.000 euros para iniciar os traballos de dotación dun centro de interpretación ao pé da “Ruta da Pedra de Díaz Castro”, que impulsou o organismo provincial en Guitiriz. O Concello vai a pór en marcha o proceso de contratación destes traballos logo de acadar os permisos imprescindibles para poder facelo por parte da Consellería de Cultura e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

– 34.145 euros para mellorar as instalacións no campo da Feira de Parga. Consisten na pavimentación e dotación de servizos, ademais da instalación de bancos ou papeleiras.

11 de xullo de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.