publicidade hoxe

Un home resulta ferido nun accidente de tráfico na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido tras colisionar co vehículo co que circulaba contra un poste da luz na PO-841, no punto quilométrico 17, á altura do termo municipal da Estrada (Pontevedra).

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 7,44 horas deste venres, momento no que un particular informou aos servizos de emerxencia de que o condutor podía estar atrapado no interior do turismo.

Así, dende o 112 Galicia, alertouse a Urxencias Médicas, Bombeiros do Deza e aos efectivos do GES de A Estrada que, unha vez no lugar, puideron sacar a persoa do interior do vehículo sen que fose necesario utilizar o material de excarceración.

Debido ao forte impacto, o poste de iluminación pública quedou tirado na estrada, polo que, o persoal do 112 Galicia pasou aviso á empresa subministradora de electricidade. A intervención dos axentes de Tráfico, persoal de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia.

17 de xuño de 2016 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.