publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Fomento, Xunta e Concello aproban modificar as anualidades da reforma da praza de abastos de Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra acolleu esta mañá unha reunión entre o Ministerio de Fomento, a Dirección Xeral de Comercio e concello de Cambados na que se aprobou a modificación das anualidades do proxecto de mellora do mercado de abastos desta localidade.

Na reunión estiveron presentes a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así coma os concelleiros Víctor Caamaño e José Ramón Abal. O encontro cos representantes do Ministerio realizouse por videoconferencia.

Deste xeito, todas as partes se suman ao acordo ao que se chegou na anterior reunión mantida entre o a Dirección Xeral de Comercio e o concello de Cambados en maio deste ano. Durante ese encontro as dúas administracións acordaron modificar as anualidades previstas para a execución das melloras da praza de abastos de cara a poder ampliar as mesmas ata o ano 2019. “Para poder executar o proxecto de reforma do mercado é necesario que esta aprobado definitivamente o Plan de Usos de Portos, e esta tramitación aínda levará uns meses, polo que consideramos esencial poder contar con maiores prazos de tempo para poder abordar a execución da obra”, explicou o delegado territorial.

Esta será a única variación do convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que foi firmado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o concello de Cambados e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros.

O delegado territorial aproveitou novamente a reunión de hoxe para destacar a aposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo futuro do mercado de Cambados como referente do novo modelo comercial que, co impulso do Goberno galego, está a transformar as prazas de abastos da comunidade en eixos do comercio de proximidade, do turismo e da venda de produtos frescos e de calidade.

17 de xuño de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.