publicidade hoxe

“Ourense Termal Athletics Meeting” será proba de referencia no noroeste peninsular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurenseOurense
A-
A+
Presentación de "Ourense Termal Athletics Meeting"

Presentación de “Ourense Termal Athletics Meeting”

O Ourense Termal Athletics Meeting 2016, incluido no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo, celebrarase na cidade de Ourense o vindeiro domingo, 29 de maio, na pista de Atletismo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A presentación tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial onde participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o coordinador de “Termal Athletics Meeting”, Lalo Gómez; o delegado técnico da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; o vicereitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; o coordinador do deporte base no servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e a coordinadora de Deportes do Consello Municipal do Concello de Ourense, Marta Míguez.

Rosendo Fernández destacou a relevancia deste evento deportivo no que “o ano pasado, bateuse o record galego de 100 metros lisos, o que demostra a importancia da proba e da categoría dos deportistas que acoden a esta cita”.

Lalo Gómez explicou que os obxectivos desta celebración é “establecer un encontro que lle serva ao atletas de máis nivel de Galicia e de España, para mellorar as súas marcas”. Ademais “Ourense Termal Atlhetics Meeting” pretende ter en conta o deporte de base por iso “establecemos un par de probas para nenos e nenas para que sintan e aprendan o que é unha competición de alto nivel”, afirmou Lalo Gómez, que engadiu “outro dos obxectivos deste evento é difundir a imaxe de Ourense termal, e trasladar a nivel nacional e internacional, Ourense como destino turístico termal de calidade”.

Nesta segunda edición “acadamos un 200% máis de inscricións que o ano pasado, pasamos de 300 a 600 inscricións, polo que estamos facendo unha selección dos mellores atletas e alongar o horario do Meeting para darlle cabida a maior parte de eles”, dixo Ángel Fidalgo, quen afirmou que “vai a ser a proba de referencia no noroeste peninsular”.

No ránking nacional, “Ourense Termal Athletics Meeting 2015”, ocupaba “o posto 14 pola calidade das marcas, e pretendemos que este ano entre no top ten dos Meetings de España”, asegurou Lalo Gómez. Os premios nesta edición “basearanse na calidade das marcas, a diferenza do ano pasado que se deran por proba”, explicou o coordinador da proba.

25 de maio de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.