Extinguido o incendio forestal rexistrado en Negreira
A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal rexistrado o domingo na parroquia de Aro do municipio coruñés de Negreira, que afectou máis de 70 hectáreas. Nun comunicado, o departamento autonómico explicou este luns que o lume se inicio ás 13,00 horas e quedou extinguido ás 23,08 horas da noite.
Na súa extinción traballaron un técnico, catro axentes, 10 brigadas, cinco motobombas, unha pa e tres helicópteros.
Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 20 hectáreas de monte arboledo e de 50,54 de monte raso.