publicidade hoxe

Convócase aos afectados pola construción do terceiro tramo da VAP Sarria-Monforte para o abono das expropiacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de convocar aos afectados polas obras do subtreito 3 da Vía de Altas Prestacións (VAP) Sarria-Monforte, co fin de abonarlles as expropiacións realizadas para a execución desta vía.

O lugar desta operación será na Casa do Concello de Monforte de Lemos, o vindeiro día 7 de xuño, tal e como publicou o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.

En total, os propietarios cobrarán máis de 224.6000 euros e hoxe mesmo aboáronse case 15.000 euros pendentes aos afectados dos subtreitos 1 e 2.

Deste xeito, está pagada a práctica totalidade dos importes de expropiacións aos propietarios dos terreos afectados por la construción desta vía.

25 de maio de 2016 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.