publicidade hoxe

Rey Varela consolida o compromiso da Xunta coa diversidade cultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou na mañá de hoxe a sede da ONG Mestura sita no Edificio Asociativo do Burgo no concello coruñés de Culleredo. Alí, o titular da área social consolidou o compromiso da Xunta de Galicia coa diversidade cultural nun momento histórico “no que a concordia entre nacións é fundamental para o progreso humano”.

Nas súas verbas, Rey Varela quixo enxalzar o traballo levado a cabo por Mestura, unha organización creada en 2003 e que presta un “servizo esencial para aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión, sobre todo os inmigrantes, emigrantes e retornados”. Nesta liña subliñou a importancia dos proxectos da asociación en eidos como “o emprego, a atención integral a nivel familiar ou a xustiza social, a través da sensibilización da sociedade en materia migratoria”.

Tras lembrar que a Xunta de Galicia e Mestura comparten o obxectivo da “plena integración de todas as persoas na sociedade”, o responsable de Política Social agradeceu o traballo deste tipo de entidades en prol das persoas que se atopan en tisco de exclusión. De feito, o conselleiro destacou que para este ano 2016 a Xunta aumentou o orzamento destinado á carteira de Inclusión nun 21%.

En particular, Rey Varela apuntou que no pasado ano 2015, a Consellería de Política Social incrementou nun 90% o orzamento destinado a Mestura en materia de inclusión e nun 12% o consignado para voluntariado ata acadar os 76.944 euros en total. “Un apoio que agardamos poder repetir neste exercicio”, concluíu.

30 de marzo de 2016 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.