publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O obradoiro ‘Boiro emprega’ ampliará as oportunidades laborais dos menores de 30 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, destacou hoxe que a Xunta está apoiar os obradoiros de emprego dirixidos especificamente aos menores de 30 anos para contribuír a mellorar a empregabilidade e inserción laboral deste colectivo.

É o caso do programa mixto de formación e emprego que rematou hoxe en Boiro e que foi clausurado polo director xeral. En ‘Boiro emprega’, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou con 130.000 euros, participaron un total de 15 alumnos e alumnas menores de 30 anos, que se cualificaron e obtiveron un certificado de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional na especialidade de ‘Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería’.

Marnotes explicou que a Xunta avoga por este tipo de iniciativas porque melloran a cualificación das persoas desempregadas, permítelles acceder a un emprego e, ao mesmo tempo, fomentan a colaboración institucional, xa que se realizan en coordinación cos concellos.

Deste xeito, os alumnos e alumnas deste obradoiro de emprego, ademais de recibir formación, accederon a un emprego a través do que realizaron diversas actuacións de xardinería en diversas zonas da localidade, como na Avenida da Constitución, no casco urbano e no Parque da Cachada. Tamén participaron na instalación dun viveiro.

“O noso obxectivo con estes programas é contribuír a mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos e, deste xeito, seguir a reducir as cifras do desemprego xunveil”, apunto Marnotes. Neste senso, lembrou que Galicia pechou 2015 cunha diminución do paro xuvenil do -14,36% e salientou que durante o ano pasado se rexistrou un aumento da contratación neste colectivo, alcanzando os 25.086 contratos.

Por último, o director xeral apuntou que a Xunta seguirá a impulsar os obradoiros de emprego ao afirmar que con estes programas “gañan os traballadores porque teñen a oportunidade de formarse e incrementar a súa inserción laboral e os concellos e cidadáns porque melloran as infraestruturas e servizos dos concellos”.

14 de marzo de 2016 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.