publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Dirección Xeral de Inclusión participa nun foro sobre a inmigración, a emigración e a exclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

A Dirección Xeral de Inclusión participará mañá xoves na xornada de portas abertas “Afrontar a inmigración, a emigración e a exclusión social asociada nas comunidades rurais europeas”, que se celebrará na localidade de Vimianzo. O encontro terá lugar no marco do proxecto internacional “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”, financiado polo programa Europa cos cidadáns- Redes de Cidades 2015 e que se desenvolverá entre o 16 e o 18 de marzo.

Este foro pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre o impacto da crise económica, que produce distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, xerando os desprazamentos humanos. Deste xeito, esta xornada, contará con relatorios sobre os Centros Europe Direct, sobre o sistema público de emprego en Galicia ou sobre a Rede Eures para traballar en Europa. Ademais, relataranse experiencias institucionais a través do proxecto Redexiana para a promoción da empregabilidade e do proxecto Symbios para o desenvolvemento territorial inclusivo. A xornada continuará cunha viaxe virtual a cada un dos territorios que forman parte do proxecto European Rural Europe for Job Mobility.

A xornada está dirixida ao público en xeral, e especialmente a cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea, sexa por motivos laborais, por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados.

16 de marzo de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.